miércoles, 12 de agosto de 2015

Homenaje a Moncho Reboiras

Un centenar de personas -vinculadas mayoritariamente con el Movemento Galego ao Socialismo y a CIG - participan en un homenaje a Moncho Reboiras (responsable del frente armado de UPG) en el cementerio de Imo (en Dodro), con motivo del 40 aniversario de su muerte.

Noa Presas, miembro de la Mesa Nacional del MGS y de Isca!, aseguró que con este acto se pretende restituir la memoria usurpada y reconocer a una figura que "representa o modelo de militancia política que aspiramos a herdar, na súa concreción ideolóxica e na súa praxe". 

En el acto intervinieron Xoán Bautista Mariño (concejal del BNG que estuvo en el entierro de Moncho en 1975)) y Rafael Mouzo, antiguo alcalde de Corcubión que impulsó el dar el nombre del fallecido a una calle.
También se dio a conocer  la publicación del primer libro de Arredista Edicións, una editorial vinculada al Movemento Galego ao Socialismo, titulado 'Moncho reboiras vive!. Un ejemplar fue entregado a  Manolo Reboiras (hermano del fallecido).

Por último se repintó y restauró un mural de cuatro metros con la imagen de Moncho, en las inmediaciones del cementerio.


.- En la localidad de Ferrol se pintó también un mural colectivo en homenaje al fallecido, y luego se celebró una concentración. Intervinieron Néstor Rego, secretario general de UPG y miembro de la ejecutiva del BNG, Andrea Martíns, miembro del comité nacional de la UMG (Union da Mocidade Galega) e Iván Ribas, portavoz municipal del BNG en Ferrol.
Los asistentes se dirigieron a la calle de la Tierra, coreando el eslogan de “Moncho Reboiras, a loita continúa” y muchos de ellos portando banderas rojas de la UPG y de Galicia con la estrella roja, en dirección al número 27, en cuyo portal murió Reboiras después de un enfrentamiento a tiros con la policía tras ser descubierto el piso franco en donde se encontraba.
Allí se hizo una ofrenda floral. Entre los asistentes estaban figuras del nacionalismo como Bautista Álvarez, Pilar Negro, Xosé Díaz y Francisco Rodriguez; el portavoz parlamentario del BNG  Francisco Jorquera;  la parlamentaria nacionalista Montse Prado Cores; los dirigentes de la CIG en Ferrol, Xesús Anxo López Pintos y Manel Grandal; y el portavoz del BNG en Narón , Pablo Villamar.
Durante el acto estuvieron tres miembros del grupo Ceivar, cubiertos con máscaras blancas y con una pancarta en la que se pedía la libertad “de los presos y presas independentistas”
Tras la ofrenda floral los asistentes cantaron la Internacional.

En el local del Ateneo de Ferrol tuvo también lugar un acto de recuerdo, organizado por la Comisión Moncho Reboiras. Presentados por Joám Lopes, tomaron la palabra el historiador Eliseo Fernández y el histórico militante independentista Inácio Hernando, que fue camarada de Moncho Reboiras en el Frente Armado de la UPG (Unión do Pobo Galego).

El Fronte Popular Galega (FPG) decidió celebrar su homenaje en Teis (Vigo), por ser este barrio obrero el lugar donde Reboiras pasó la mayor parte de su vida y donde comenzó su militancia política y su compromiso con UPG.

Ofrecemos un extracto del discurso de Néstor Rego:

Do mesmo modo que aquel 12 de agosto nos legou nomes que permanecen e gañan de ano para ano, en dimensión política e simbólica, tamén deixou outros ocultos e na impunidade. Non coñecemos o nome das persoas que dispararon e segaron a vida do noso camarada, mais mesmo que os coñecésemos, temos a certeza de que non pasarían á historia. Son os nomes da vergoña e da ignominia. Descoñecemos quen apretou o gatillo e, no entanto, sabemos perfectamente quen asasinou Reboiras: o Estado opresor, a España intolerante e avasaladora, a mesma que continúa a nos negar o pan e o sal, os nosos dereitos como nación e mesmo a posibilidade de podermos vivir dignamente do noso traballo no noso próprio País. 

Por iso, porque a dominación española continúa, tamén a nosa determinación é a mesma que a que moveu Reboiras e o noso obxectivo permanece vigorante: organizar o povo galego para loitar pola soberanía da nosa patria. E manteremos determinación e obxectivo porque, facendo noso o acertado aserto de Castelao, só deixaremos de loitar pola liberdade cando a conquistarmos. Somos conscientes de temos por diantre un labor constante e complexo, de traballo social e político que implica sacrifícios persoais e colectivos, esforzo de autoorganización, vontade de estar permanentemente ao lado do povo, dos traballadores e traballadoras, dos colectivos agredidos e das persoas maltratadas. Mais esa foi, é e será a nosa maneira de entender o traballo militante. Precisamente porque o nacionalismo foi, é e será sempre activo interveniente en todos os conflitos que enfrontan os galegos e galegas cos poderes estabelecidos, conscientes -como acabamos de reafirmar- de que defender o noso povo é defender Galiza e que defender Galiza como nación é sinónimo de defender o povo traballador galego.
(...) Ao longo da nosa xa dilatada traxectoria histórica, de máis de 50 anos, foi constante a preocupación da Unión do Povo Galego por unir e acumular forzas para lle dar corpo e capacidade de actuación ao movemento nacionalista. Fixémolo unhas veces conscientes de seren movementos de índole táctica e puntual e outras do carácter estratéxico desas alianzas, como a que levou á conformación dunha frente patriótica que representase politicamente a alianza das clases populares galegas no proceso de liberación nacional e social do noso povo. En todo o caso, sempre coa vontade de pór os intereses da nosa nación por diante de calquera outro. 

(...) o nacionalismo ten dado xa pasos que poden e deben abrir un novo escenario no noso País. Un escenario en que a referencia política esencial sexa a Galiza e en que o noso obxectivo, romper a dependecia e asumir a soberanía, gañe apoios até se tornar hexemónico na  sociedade galega. Ese obxectivo precisa de confianza, de esforzo, de xenerosidade. Mais tamén de decisión e de claridade política. E precisa, sobre todo, de se apoiar no povo organizado, nas organizacións políticas, sindicais e sociais propias, que articulan a vontade de sermos libres. Esa é unha das grandes leccións que nos deixou Reboiras e que sempre manteremos. Non xa por fidelidade á nosa propia historia, mais sobre todo por convicción e por necesidade. 

Afirmámolo con claridade no documento 'A hora das nacións, a hora da Galiza' que vimos de apresentar: “Se quixermos ser libres temos que comezar por romper as cadeas mentais e  pensar e actuar como persoas libres (...) con absoluta independencia en todo, por nós propios”.  E nós queremos ser libres. E para iso estamos decididos a converter os soños en realidades e as ideas en feitos, erguendo o pensamento e o exemplo de Castelao, de Bóveda e de Reboiras, convertidos xa en bandeira da nosa redención. Temos a certeza de que a Galiza libre e próspera que queremos será realidade mais cedo do que tarde. Mais temos de creala nós, coas nosas mans, conquistando a Independencia Nacional e constituíndo o noso propio Estado soberano, a República da Galiza.  Adiante por Galiza!

No hay comentarios:

Publicar un comentario