miércoles, 14 de agosto de 2013

Primer balance mociones del PP

La portavoz del PP (Partido Popular) de Galicia, Paula Prado, ofrece un balance de las mociones de condena de Resistencia Galega presentadas en los ayuntamientos de Galicia.
Según ella, el Partido Socialista de Galicia ha votado a favor en 66 municipios, en contra en 11 ayuntamientos y se ha abstenido o se ha ausentado de la votación en otros 14. 
El  BNG la ha apoyado en 14, ha votado en contra en 40 y se ha abstenido en 15. 

La información extraida de la web del PP:

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2013.- A voceira do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, lamentou hoxe a falta de unanimidade dos partidos da oposición para rexeitar o terrorismo.

Segundo explicou a voceira do PPdeG, dos 91 que xa levaron a pleno municipal a moción do PP contra o terrorismo, o PSOE votou a favor da moción en 66 concellos, pero manifestouse en contra en 11 e abstívose ou ausentouse en 14. 

Deses 11 concellos nos que os socialistas votaron en contra da moción, en dous (Castroverde e Pol) gobernan en maioría, nun gobernan en coalición co BNG (Pontevedra) e en cinco forman a oposición a gobernos populares (Dodro, Santiago, Ramirás e Rodeiro) ou do BNG (Castrelo de Miño).

Pola súa banda, o BNG votou a favor tan só en 14 concellos, mentres que o fixo en contra en 40 e ausentouse ou abstívose en 15. 
No relativo ao resto de partidos, un total de 41 votaron a favor da moción do PP, mentres que 11 se abstiveron ou ausentaron e 10 votaron en contra.

Para a voceira do PPdeG, é lamentable a falta de coherencia que padecen tanto os socialistas como os nacionalistas, posto que o que nun concello parece ser unha postura rotunda a favor da moción do PP, e por tanto, en contra do terrorismo e de calquera xustificación do mesmo, noutros concellos os mesmos partidos votan o contrario.

Neste senso, Prado lamentou que, na maioría dos concellos nos que se xa se votou a moción, o BNG se manifestase en contra, porque iso supón non compartir a postura de total rexeitamento ao terrorismo e de calquera tipo de xustificación do mesmo.

Para a dirixente popular, é moi grave que partidos democráticos como son o BNG e o PSOE non amosen unanimidade en torno a algo que debe ser unha premisa nunha sociedade civilizada. 

Por iso, Prado esixe aos socialistas e aos nacionalistas que expliquen aos cidadáns cal é a súa verdadeira ideoloxía e a súa forma de pensar con respecto a un tema tan delicado.

Os populares presentaron esta moción coa esperanza de que os partidos deixasen a un lado as cores políticas e se unisen nunha soa voz para expresar o seu rexeitamento contra unha das lacras da sociedade española en xeral e da galega en particular, con bandas como Resistencia Galega atentando contra a seguridade dos cidadáns.

Non obstante, os partidos da oposición parecen non poñerse de acordo con respecto a este tema, polo que urxe que manifesten qué opinan exactamente deste asunto e de declaracións como a de Beiras, que hai un par de meses excusaba os actos de Resistencia Galega calificándoos de simple indignación.

Su intervención en video: http://www.youtube.com/watch?v=LikF91h2VGw

No hay comentarios:

Publicar un comentario