En la convocatoria se puede leer:

As fórmulas de resistencia deben ser repensadas á luz da crise política nacional galega. Cómpre artellar novas ferramentas e fórmulas de resistencia para facerlle fronte aos inimigos de sempre. A través do tempo, o legado de Moncho Reboiras, que chega deica nós a través do Partido Galego do Proletariado e do Partido Comunista de Liberación Nacional, cobra abonda importancia. A consolidación do proxecto emancipador e das posibilidades de transformación social seguen a ir vencelladas hoxe irremediabelmente á consolidación do Partido Comunista, de orientación marxista-leninista. Converterse nese referente político na nación galega segue a ser o principal emprego de forza militante que a Frente Popular Galega fai hoxe.